DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

domingo, 3 de febreiro de 2013

PROXECTO MAMUT 3

Seguindo o grupo de Facebook do Proxecto Mamut e as conversas que se fan nel vexo que, en xeral, a xente está preocupada por conseguir os albunes orixinais, que teñen unhas medidas determinadas e son específicas para isto.
Eu sinceramente vou a pasar olimpicamente.
Teño un albún precioso en tamaño folio A3, estupendamente forrado por min e que con cartulinas de colores do mesmo tamaño vou a utilizar.
Do que se trata e de colocar fotos de forma bonita e que me goste, seguindo unha técnica de scrapeo, ou non?
Pois iso e o que vou a facer. Si non teñen as medidas 30x30, a quen lle importa?
 
 
 






Ningún comentario:

Publicar un comentario