DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

venres, 30 de novembro de 2012

CORDÓNS DE ZAPATOS

 
S está aprendendo a facer nos, no cinturón e nos zapatos.
¿ Podiades imaxinar que habia tantas formas de colocar os cordóns dos zapatos?
Isto xa é para facer un master
 
 


xoves, 29 de novembro de 2012

CREATIVO

Aquí temos un xardiñeiro moi creativo
 
Será Eduardo Manostijeras?
 


mércores, 28 de novembro de 2012

martes, 27 de novembro de 2012

EMPRENDEDORES

Nestes tempos dificiles gustariame facer un pequeno homenaxe a aquelas persoas emprendedoras, aquelas persoas que apostan por unha idea  e que loitan para facela realidade.
 
AGASALLO PARA EMPRENDEDORES
 
 
E falando de emprenddores e ademais españois
¡¡Mirade que invento!!
 
 
 


luns, 26 de novembro de 2012

domingo, 25 de novembro de 2012

25 DE NOVEMBRO

25 DE NOVEMBRO
DIA INTERNACIONAL CONTRA A
VIOLENCIA DE XENERO
 
Un día coma hoxe quero recomendar un libro
 
 
Podedes mercalo aquí.
Non é para nenos e nenas  pequenos  pero debe ser  para todos e todas os nenos e nenas en canto o podan entender.
 


sábado, 24 de novembro de 2012

ONDE VIVEN OS MONSTROS

Un libro xenial que a S encántalle
 
Para mercar aqui

 E despois de lelo facer isto
 

Source: flickr.com via Myan on Pinterest

venres, 23 de novembro de 2012

AMAÑO DE PANTALÓNS

O meu fillo maior sempre racha os pantalóns pola rodilla dereita.
Non acabo de entender que o que fai para romper sistematicamente os pantalóns polo mesmo sitio.
En estes tempos de crise pareceme que esta idea é fantástica
 


mércores, 21 de novembro de 2012

PELEXA DE PULGARES

Estamos na sala de espera do dentista...
Non hai revistas...


Que? Apetece unha loita de dedos?
 


martes, 20 de novembro de 2012

TEMPADA OUTONO-INVERNO


Esta temporada non teño pensado mercar nada novo para min.
Non é que non me gustase pero sen paga extra, hai que sacar de algún lado e ir facendo un peto para ter un Nadal algo digno e que os  nenos da familia (fillos e  sobriños), cando menos, teñan os seus agasallos.
So queda buscar ideas para combinar o que xa teño e darlle unha volta para cambialo.


luns, 19 de novembro de 2012

OUTONO

Outra actividade de outono para facer cos nenos:
outono, colores, simetrias....
 


sábado, 17 de novembro de 2012

BRANCO, BRANCO

Como me gustan as casas brancas!!!
 
 
Pero brancas, brancas....
Eu teño as paredes de toda a casa  brancas, pero  como as portas, os armarios e o rodapés son de madeira non fai o efecto que a min me gusta.
Pensei moitas veces en pintalo todo, e ao voltar das vacacións estaba case decidida, pero dame algo de medo, por un lado a arrepentirme e por outro ao traballo que conleva, por que, por suposto, tería que facelo eu xa que non hai presuposto para un pintor.
 
Baballa atreveuse a facelo e armouse de valor e o resultado é estupendo.
Volvín a animarme un pouco mais.
Mirade como lle foi a cousa e como explica o proceso, aquí
 


venres, 16 de novembro de 2012

1º SEGUIDORA

Tiven a 1º seguidora de este blogue.
Non sabes ben a ilusión que me fixo.
E como ela ten un blogue no que vende as cousiñas maravillosas que fai vou a darlle unha pouca de publicidade.
Entrade no blogue e mirade que cousas tan bonitas e tan galeguiñas fai.

xoves, 15 de novembro de 2012

1º ANIVERSARIO

O día 13 de novembro do ano pasado comecei este blogue.
Onte recordeino, pero estiven en folga.
Pero hoxe queria celebralo
 
Neste tempo que non foi moito, porque en realidade vida activa o blogue tivo dende bastante despois (creo que en abril do 2012), so recibin satisfaccións.
Teño unha seguidora e  mais de 1800 visitas (das cales a metade son miñas) e algún comentario ás entradas.
¡Estou encantada!
Disfrutei un montón facendoo, leendo outros e  formando parte, aínda que nunha esquiniña insignificante de este mundo.
 
FELLIZ  1º ANIVERSARIO!!!
 


mércores, 14 de novembro de 2012

FOLGA XERAL

Hoxe estou en folga!
Son afortunada e teño traballo e vou á folga, entre moitas razóns, por todos os parados que non poden facer folga porque non teñen traballo.
Porque espero que os meus fillos o podan ter e si deciden ir a traballar ao extranxeiro sexa porque así o queren e non porque aquí non teñan oportunudades.
 


martes, 6 de novembro de 2012

RINCÓN DA CASA

Algunhas veces mostro cousas ou rincons da miña casa que me gustan especialmente.
Hoxe ensino algo que me horroriza...
Calquera  dia transformome en demolitionwoman e collo un martelo.....

Este arco!
Quero facelo desaparecer!!


xoves, 1 de novembro de 2012

BALCÓN

Non teño xardín.
Sólo teño balcón.
E atopei esta posibilidade de poñer macetas