DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

mércores, 8 de febreiro de 2017

RETO 365 INSTAGRAM

PROPÓSITOS ANO NOVO


Outro dos meus propósitos para este novo ano é unirme ao reto de subir una foto cada dia a Instagram.  BABALLA fixo a proposta, entre outros....

Polo momento cumprin, case que tódolos días a ver si son capaz....





xoves, 26 de xaneiro de 2017

RETO 21 DIAS



Son moi fan de Marie Kondo, e o seu libro foi para min toda una inspiración, como xa expliquei  noutra entrada (aquí). 

Pero non suficiente con iso enganchei cun novo blogue ORDEN Y LIMPIEZA EN CASA.


A súa autora, Alicia, organizadora profesional, ofrecenos uns artigos e tips moi interesantes sobre como organizar a casa, adornados con imaxes preciosas e inspiradoras.

A súa propósta de poñer en orden a casa en 21 días tivo tanto éxito que agora comezou a facer videos e ten un canal en YOUTUBE.  E tamén fai cursos presenciais, se estás en Madrid, claro...





xoves, 12 de xaneiro de 2017

12 MESES 12 LIBROS

PROPÓSITOS ANO NOVO


Que vos parece este reto?

Eu vouno a intentar porque 12 libros ao ano paréceme o número adecuado, tendo en conta que sempre polo medio teño que ler outras cousas que me xurden para o traballo.

Pero si un por mes che parece pouco aquí tes outro, para nivel avanzado....