DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

sábado, 27 de decembro de 2014

COMO CANDO ERA NENA...

Cando era nena o xoguete estrela de toda a miña infancia foi a bicicleta. Claro que podiamos sair na bici por calquera sitio, sin casco e sen maior dificultade, con moita liberdade.
 Agora para os nenos todo é máis dificil....
Pois eu coa miña bici inventaba un mundo... hasta xogabamos a ser os "Angeles de Charlie".
Pero esta idea pareceume increible... ir na bici soñando que cabalgas e galopas!
Creo que si lla ensino a Sabela, xa me podo poñer a buscar cartóns...




martes, 23 de decembro de 2014

CAMBIOS NA CASA

Necesito cambiar algo na casa.
Cada certo tempo teño a imperiosa necesidade de cambiar algo na casa. Non podo evitalo.
Como o que de verdade me gustaria non me vexo en situación de facelo (que seria pintar todo, todo de branco!) conformome con calquera outra cousa. Cambiar os cadros das paredes, cambiar de sitio algún moble, poñer unha colcha ou funda nova nas camas....


domingo, 21 de decembro de 2014

DECORA O NADAL

Se aínda non rematache de decorar a casa de nadal non te podes perder este video de
ZARA HOME


venres, 19 de decembro de 2014

BO NADAL

Hoxe entramos  de verdade no Nadal.
O tempo e as vacacións escolares marcan o ritmo da nosa vida.

IMAXINEMOS UN MUNDO MELLOR!!!

BO NADAL!!

martes, 16 de decembro de 2014

AXENDA

Non podo vivir sen axenda.



Aquí tendes unha sinxela que podedes imprimir gratis

venres, 12 de decembro de 2014

CALENDARIO 2015


Xa comezou Decembro e  xa estou pensando no novo ano.
Queredes ter un calendario de sobremesa para o próximo ano?
No seguinte   enlace    podedes descargar o que vedes na imaxen.

mércores, 10 de decembro de 2014

ESTEREOTIPOS DE XÉNERO



Teño dous fillos: un neno e unha nena. E ningún dos dous mostra os típicos esterotipos de xénero.
A EL non ten os típicos gustos de neno, como futbol, ou deportes en xeral, os coches...
A ELA non lle gostan as bonecas nen as princesas, nen as fadas...
E a min pareceme estupendo. Todos os xoguetes na casa son "neutrales" nese aspecto e os dous xogan a todo e a calquera cousa.
Francamente creo que a miña educación non tivo nada que ver, senon que é parte da personalidade de cada un deles. Si fose un forofo do fulbol, levariao a fultbol; si ela quixese colecionar barbies, pois mercariallas.
Pero non é así e alegrome moito. Sobre todo por ELA, por ser muller a porque aínda vivimos nunha sociedade que non é igualitaria.

Non vos perdades a reflexión que fan sobre as "nenas princesas" no blogue  INNOVARTE, a min pareceume, coma sempre moi acertada e compartoa completamente.

luns, 8 de decembro de 2014

MODA

Imaxe de Pinterest

Inspiración para este inverno. Esperando sacarlle partido ao chaleco de coello que teño infrautilizado no armario.

domingo, 7 de decembro de 2014

venres, 5 de decembro de 2014

NADAL 2014

Imaxe de Pinterest

Xa comeza a haber ambiente de Nadal, nas rúas, nas  tendas, e tamén na casa. Xa temos o calendario de advento pero non decoramos nada polo momento. Espero ao próximo luns festivo para facelo con calma,  cos nenos.
Deseamos que cheguen as vacacións, as festas, as reunións familiares e as sorpresas e agasallos varios.
Aínda que en realidade serán uns días similares aos de outros anos. Noiteboa e Nadal cuns avós, Findeano e Anonovo con outros  avós e a ansiosa chegada dos Reis na nosa casa.
Luces, polvoróns, mazapáns e turróns e se cadra algunha copichuela. Pero sobre todo un pouco de tempo para disfrutar de todo con algo mais de calma, que boa falta nos fai.

xoves, 4 de decembro de 2014

OUTONO 2014

Non  fai moito mostrei os traballos escolares do Samaín e do Outono do ano pasado.
Agora toca ensinar o de este ano.




mércores, 3 de decembro de 2014

LISTAS, LISTAS E MAIS LISTAS

Teño a necesidade de apuntalo todo.
Fago lista da compra, lista do que teño que facer... no traballo, no cole,...
Lista de posibles actividades para facer cos nenos...
E encantarónme as seguintes listas que atopei aquí.
Estes son uns exemplos pero hai moitos mais.