DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

domingo, 31 de agosto de 2014

CHAO, CHAO VACACIÓNS


Hoxe é o derradeiro día de vacacións deste verán.
Xa non creo que vaia a praia, aínda que o bo tempo chegue agora.
Sinto unha mixtura de emoción e de perguiza como cada comezo de curso.
Cada comezo de curso fago novos propósitos: comer mellor, moverme mais, ....
pero este ano solo teño un : evitar a  PROCRASTINACIÓN para ser o máis eficaz posible, tanto no traballo como na casa; así poderei facer esas cousas que quero facer e non fago por que non dou máis.
Como por exemplo actualizar o blogue.

Feliz comezo de curso!