DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

domingo, 25 de maio de 2014

STAR WARS

As películas de "La guerra de las Galaxias",
que eso de STARWARS é de agora, marcaron a miña infancia.
Teño que recoñecer que son un pouco friqui con iso e que intento que os meus fillos tamén teñan unha relación especial con ese mundo.
Existe un "mercandansing" tremendo e hai de todo referente os persoeiros da historia, pero telos presentes á hora da merenda pareceume xenial.
Mirade ben que super ideas. Pero tendes algunhas máis aquí.




mércores, 21 de maio de 2014

FLAN DE TURRÓN E OUTRAS COUSAS...





A quen non lle sobra turrón despois do Nadal?
A min sempre, porque aínda que cada ano pensó en non  mercar nada,  non me resisto a pasar o Nadal sen comprar lambetadas típicas.
Pero como os días nos que se comen esas cousas, Noiteboa, Nadal, Findeano ou Anonovo non comemos na casa sempre sobra.
Busquei receta con turrón e atopei un flan riquísimo aquí.

Podo asegurarvos que saliu boiiisimo.

Atopeino no blogue   de Cociña  Familiar de Javier Romero.




venres, 9 de maio de 2014

ARTE DOCE

Vai outra de publicidade familiar.
Arte Doce é o proxecto emprendedor de Laura que é toda unha artista e fai cousas extraordinarias.

Esta fisicamente en Culleredo (A Coruña) pero podedes contactar con ela e facer encargos tanto no seu blogue como no facebook.
Poderedes ver algunha das maravillas que fai pero para que vos fagades unha idea aquí tendes uns exemplos





luns, 5 de maio de 2014

FEISMO - BONITISMO

Hai duas imaxes que sempre me pareceron moi galego-rurais, o do chamado FEISMO.
Unha imaxe típica é o coche avandoado na finca para usar de leñeiro ou algo similar. Outra é a da cancela feita con somieres.


Pero tamén atopas imaxes de case o mesmo pero que non se parecen en nada