DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

luns, 5 de agosto de 2013

CHEGOU O DESCANSO

 
Así penso estar uns cantos días,  que non de vacacións.
 
Hasta pronto!


sábado, 3 de agosto de 2013

TEITO EMPAPELADO?

Non paro de imaxinar o que podería facer co apartamento de aluguer cando se vaia o cubano.
Busco ideas que sexan orixinais e asequibles para conseguir estancias diferentes, pero funcionais e agradables.
 
Que vos parece a idea de empapelar o teito da cociña?
Gústame a papel en parte dun cuarto, nunha parede si e outras non, pero esto parece moito máis atrevido....
 
 


venres, 2 de agosto de 2013

ACTIVIDADES CON NENOS

Durante o verán  "temos que" buscar actividades para facer cos nenos si ou si, polo benestar físico e mental de toda a familia.   Pero tamén"podemos" facelas de xeito que ademáis aprendan.
Esta é a proposta de
 
 
Unha mamá moi especial que nos ofrece dosieres completísimos de actividades con nenos e nenas, e a proposta  de Xullo ¡gratis!
 
 
 


xoves, 1 de agosto de 2013

FOTOS DE NENOS

Non me  refiro a  nenos fotografiados, se non a nenos fotógrafos.
Sempre me gustou que os nenos dispuxesen dunha cámara para facer as fotos que quixesen.
A maioría das veces non valen moito pero sempre hai alguna polo medio que sorprende.
O post que publicou kireei sobre  mirada infantil na fotografía gustoume especialmente e por iso quería compartilo con vos.

Despois de varias cámaras destrozadas polos nenos: un par delas co obxectivo estropeado e outra coa pantalla escachada, optamos por unha  Nikon, á que non lle sae o obxetivo e é polo tanto a proba de nenos. Estamos encantados.