DIARIO DUNHA MULLER OCUPADA


Entre o soto e o faiado hai un espacio para cada cousa, cada ocasión e cada actividade.
Entre o soto e o faiado está toda a miña vida.

mércores, 31 de outubro de 2012

BOA IDEA

Os enchufes que temos na casa perecen sempre insuficientes ou están mal colocados.
Os alargadores son unha solución para colocar o aparello no lugar adecuado.
Pero este enchufe que o ten incorporado pareceme do mellor
 
 


martes, 30 de outubro de 2012

ULTIMOS TRABALLOS

Os traballo que fixen de costura ultimamente
A funda para a plancha


Bolsa para o pan



E as cortinas  para a nosa habitación.

venres, 26 de outubro de 2012

xoves, 25 de outubro de 2012

BOAS IDEAS

En algunhas cociñas, que non na miña hai esquinas algo inutiles, pero con esta idea podeselle sacar partido.


mércores, 24 de outubro de 2012

SAMAIN

Xa está aqui o samain e hai que ir pensando en facer algo cos nenos.
Polo momento e mentras non vexo algunha idea para decorar as cabazas e que os nenos leven ao cole non está demais saber algo sobre a celebración.
 


martes, 23 de outubro de 2012

BUFANDA

Quero unha bufanda como esta, ou parecida.
Gostariame facela a min, pero terei que buscar algún sitio onde conseguila


Source: etsy.com via Logan on Pinterest

luns, 22 de outubro de 2012

GARDA PERCHAS

Non me gusta ter no armario pechas valeiras, pero gardalas en outro sitio é un coñazo por que ocupan moito e sempre ando a pelexarme con elas soltas ou dentro dunha bolsa.
Será esta unha boa solución


domingo, 21 de outubro de 2012

NOVO BLOGUE DIY

Descubrín un blogue dunhas mulleres portuguesas que fan cousas estupendas.
Visitadeo e comprobadeo
 
 
 


sábado, 20 de outubro de 2012

RECICLADO

Este verán, estando na casa de miña nai, atopei un xersei meu de fai .... anos
que sempre me gustou moito.
Gardeino pensando en facer algo con el.
Agora atopei esta idea
 


venres, 19 de outubro de 2012

GANCHILLO


Source: lionbrand.com via Sonja on Pinterest
Teño unhas gañas tolas de ganchillar.
Todo o mundo me di que é fácil, pero non teño nin idea.
Claro que si fago bolillos  seguro que tamén aprenderei a ganchillar.
O problema é onde e cando.

Vexo cousas tan bonitas!!!

A ver si me organizo e podo ir algún taller de estos tan fantásticos que fan en http://homemadetalleres.blogspot.com.es/








xoves, 18 de outubro de 2012

ALGO PECULIAR

Si cando vas viaxando no coche e ves pola carretera estas marquesinas, de seguro que alucinas, e non esquecerias ese lugar.
E os nenos seguro que tamén alucinarian



mércores, 17 de outubro de 2012

EFECTO MÁXICO

Sempre me fixeron moita gracia as fotos con efectos graciosos xogando cos tamaños e as distancias.
Esta está moi ben


martes, 16 de outubro de 2012

CENTROS DE INTERE

M comezou o curso estudiando   O  Sistema  Solar en C do Medio polo que coma sempre poño nun sitio destacado os recursos que temos na casa sobre o tema.
Intento complementar as súas aprendiaxes escolares con algo mais,
normalmente de forma mais  lúdica.

luns, 15 de outubro de 2012

AGASALLOS

Dende que comezou o curso xa tivemos 4 cumpleanos.
Coma sempre agasallamos libros e busco unha forma orixinal de envolvelos.
Outra forma de envolver un agasallo.
Fácil e bonito


domingo, 14 de outubro de 2012

RUTAS POR GALICIA

 
 
Como xa expliquei en outras ocasións os meus fillos teñen déficit de natureza, son demasiado urbáns.
Pra compensalo facemos algunha saida.
Neste blogue mostran un monton de posibilidades de facer cos nenos,  probados, e moi explicadiños.
Está xenial
 

sábado, 13 de outubro de 2012

CAMBIO DE TEMPORADA





Volta outra vez o cambio de temporada.
Cambiar as sandalias polas botas, reordear o armario, e botar un vistazo ás cousas do ano pasado, o que vale o que non e mirar o que quero mercar novo:   un vestido, un abrigo, uns zapatos, unha bufanda, un colar,....

En isto estou esta longa fin de semana, entre paseo e paseo.

venres, 12 de outubro de 2012

OUTONO

Chegou o outono.
Dentro de nada comezará a caer a folla e chega o momento de recoller as mellores nos nosos paseos.
E despois, que podemos facer con elas?
 



Moitas ideas fantásticas no blogue PICA PECOSA

xoves, 11 de outubro de 2012

ONDE ESTÁN AS CHAVES?

Con este invento non hai escusas para non saber onde deixar as chaves


Source: thabto.co.uk via Isabel on Pinterest

martes, 9 de outubro de 2012

AMO DE CASA

Encántame e sorprendeme esto dos AMOS DE CASA.
Debe de ser que eu solo os vexo en espazos virtuais e non coñezo a nengún na realidade.
Preocupados pola plancha, a compra, o aforro.....
Aqui tendes un exemplo dun Amo de casa e o seu blogue que me ten sorprendida

venres, 5 de outubro de 2012

LOOK ENTRETEMPO

Este look gustoume moito e ademais creo que teño todo o preciso  para poder copialo.


xoves, 4 de outubro de 2012

TALLERES DE MATEMÁTICAS

Temos en Pontevedra unha nova iniciativa de actividades para nenos.
Trátase dunha eduteca matemática.
Pareceme moi interesante e hai actividades para tódalas idades e incluso para toda a familia.
Pode ser de semana ou os sábados.

mércores, 3 de outubro de 2012

IMAXE DO VERÁN

Creo que xa é o momento de pechar páxina do verán.
Sólo nos queda o recordo do que vivimos e do que disfrutamos.
De este verán, quedome coas seguintes imaxes:

martes, 2 de outubro de 2012

CADERNO DE VACACIÓNS

Xa fai uns meses que merquei os impribeis de meninheira de CADERNO DE VIAXE.
Este verán no noso viaxe a Cantabria fixemolo.
E resultou moi ben.
 Mirade os resultados
Se queredes facer algo parecido para nenos maiores ou con mais contidos para traballar competencias de Primaria este caderno pode axudar. É da editorial ESPASA

luns, 1 de outubro de 2012

AMARGARSE A VIDA

Teño algunhas compañeiras que viven amargadas. Ou eso parece.
Están de mal humor sempre, todo lles parece mal, protestan por todo, non sonrin nunca e as veces non dan nin os bos dias.
 
Non creo que solucione nada paro vou a poñer no taboleiro do meu departamento, un cartel semanal con mensaxes positivos e  con un chiste...
Pode que segan igual pero os demais de seguro que nos rimos un pouco.
 
O primeiro foi este de MUY MOLÓN